Mostrar mensagens com a etiqueta compañeiras. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta compañeiras. Mostrar todas as mensagens

segunda-feira, 5 de julho de 2010

Nhonherías*

E por fin puden entrar.

Dous anos dise mui rápido de dios... mais pra min foron, ademais dos dous primeiros anos da minha segunda vida, os mellores das dúas.

Todo grazas a vós. E non quero que sone a palabrería barata.

Cós nosos máis e os nosos menos, somos un grupo unido e que se quere. Polo menos esa é a sensación que me da a min...

Denis, o ano que ven imos seguir vivindo na mesma cidade, aínda que sexa outra, e seguiremos a discutir por mil cousas, porque somos mui distintos, pero seguiremos ahí pra responder nos momentos fodidos.

María... sabes que vai ser un pracer compartir tódolos días contigo. Eres a persona coa que máis facilmente podería convivir, sen ter unha soa disputa... Ímolo comprobar.

Maité, agardo que atopes un curro rápido... e que sexa en Compos a poder ser! Sería xenial seguir téndoche perto.

Iraia... sabes que por pouco que nos vexamos, estamos conectadas... Temos un problema ou unha sorte que flipas, non o tenho mui claro aínda. Agardo terche por Compos algún que outro día á semana pequena!

Isa! Ti tamén estás convidada, por suposto... sabes que todos te botamos de menos cando non estás...

Ernesto
: un ano. Só un ano, e ti tamén formarás parte desa merda de aldea... Compostela ten sitio pra todos. Sabes que te precisarei!

Breo... estás desaparecido, mais sabes o que hai! Estás sempre convidado a vir comigo a onde vaia!

Mateo, aínda que non convivín contigo día a día, agardo poder facelo o ano que ven... en pouco tempo cantas cousas... e as que quedan!!

Xa sei que pode sonar todo mui seco e a verdade é que o é... Tenho uns días mui frouxos, e bótovos de menos... e se me ponho tonta con cada un de vós empezo a chorar como unha parva...
Quero darvos as grazas... preciso que saibades que vos agradezo ata a tontería máis grande. Pero seguir existindo e conhecervos é do mellor que me pasou nestes dous anos.

Dous anos! Que serían sen vós?
Dame igual. Serían diferentes.

Quérovos un montón xente.

quarta-feira, 12 de agosto de 2009

Em mes e pouco... volvemos ao trabalho!


Hoje ainda é dia 12 mais... quando nos demos de conta ja estaremos na facultade, um ano mais, trabalhando...

Um ano no que ja nada será o mesmo sem Rube, San e Traba no Campus... e sem Maité, Luis ou Marcos na facultade no dia a dia...

Mais... a vida é assim, uns vam, outros viram novos com forças e ganas de luitar connosco por umha "universidade pública, galega, democrática e de calidade" como leva a passar anos e anos dende ja os tempos de ERGA fai ja mais de 35 anos...

Dá-me muita magoa que nom estedes con nós o ano que vem.. mais espero que nos visitedes muito... quando menos nas pegadas XD


E nada... simpelmente escrevo aqui de novo porque estou na casa, aborrecido e ja com ganas de voltar por terras corunhesas...

Bom... alêm tambem de que ja fica mui pouquinho para a nova andaina do curso 2009-2010... e há que começar a candear o ambiente ja...

Eu o 01 de Setembro ja andarei por aí... de volta ao local... às quendas para dar os diplomas.. e preparar a presentaçom aos novos... e a disfrutar da vossa companha quando menos espero que algum dia para tomar algo, para falar no local e como nom Maite, para ir de festa! =)

Nada mais... a ver se escrevedes algum dia tambem vos...que nom gostaria de vêr isto morrer... umha iniciativa produto dumha incrível pegada que nom pode ficar no esquecemento...

Um abraçamento companheiros =))


Den

sexta-feira, 24 de julho de 2009

Dia da patria, sempre ceives!

Bom dia da patria a tudo Comiteiro :)

A passa-lo em grande em Compostela!


A luita continua... po-la independéncia e o socialismo!



umha aperta companheiros/as!

=)






Den

terça-feira, 30 de junho de 2009

rematou

Resul-TA que me da por escribir agora.
Agora que cada un está na súa casa.
Nesa na que non vives todo o ano, ESA casa que che din teus pais que é vosa.

Non foron os Daikiris, nin sequera o Mojito... Nin me dura do viernes...
Pero é que hoxe xa vos boto muito de menos.
Será que hoxe son consciente do que son as distancias.
De que cada un ten unha vida a parte dos Comités, e do Noso.
De que se cadra non vai ser tan fácil vernos tanto como empezamos a planear fai meses.

Hoxe son consciente de que vos quero como se vos coñecera de toda a vida. E de que me doedes un ghuevo.

Grazas por todo.
Porque volver do inferno non é fácil, pero vos conseguiches que fora a millor decisión da minha vida.


*

sábado, 16 de maio de 2009

re-correndo as risas para fuxir das bàgoas

Permitìdeme miñas benqueridas compañeiras e meus benqueridos compañeiros que volva atràs no tempo para lembrar, ou polo menos para non esquecer, unha das noites màis ledas que lembro das ùltimas xeiras da miña vida.
Permitìdeme tamèn que me introduza nas vosas cacholas para reproducir os vosos pensamentos, que iràn en todo caso inxeridos no medio duns corchetes [ ] para que a leitura desta piradura das 00:00h dun dìa calquera, se non fora por que hoxe è o dìa de Eurovisiòn, resulte màis pràctica para todas e para todos vos.
- Luns 20 de abril, Local dos Comitès de Filoloxìa, UdC, 18:00h -
Un grupo de nòs a pesar da chuvia e do temporal que se nos ven enriba, decidimos con gran valentìa ir de pegada. 6 temerosas persoas, 3 homes e 3 mulleres, sempre con ànimo de respetar a paridade que exixen os tempos de agora, se preparan [cartaces, caldeiros, coches e cola] para cometer un acto delictivo e vandalico. Màis esas 6 persoas non son heroes e heroìnas anònimos/as senòn que son xente ben coñecìda no seu àmbito de actuaciòn.
  • Luis: a cabeza do noso grupo, o institucionalista en todo caso o que pon o punto de razòn a todas as nosas piraduras, a persoa a quen preguntar a acudir en caso de dùbida. [puf teño que traballar, estudar, facer traballos, cuidar de brais... por què demo me deixo lìar por esta xente?]
  • Denìs: o nervioso, o bipolar, o crìtico, a persoa que nunca te vai contar unha mentira piadosa, o que debate e cuestiona todo, o pequeno, o que ten grandes conversas e frìo e calor ao mesmo tempo [que guai ir de pegada!!!, que merda, como vou ir de pegada se teño que estudar!!! que guai ir de pegada, encantame!!!]
  • Maitè: a borracha, a que sempre ten un DIOOOOOOOOOS no momento oportuno, a que sempre lle pasan as cousas màis surrealistas, a que sempre e capaz de manter un sorriso e de facer rir aos demàis. [que guai ir de pegada, a miña primeira vez, seguro que vai molar DIOOOOOOOOOOOOOOS que guai.]
  • Nuria: a que escoita, a màis razonabel do grupo, a que intenta ser o punto de uniòn, a que comprende e calma nos malos momentos, a nosa psicòloga persoal. [miña nai quirida... ir con estos de pegada, esto moi bo non pode ser, pero a ver que pasa]
  • Rubèn: o tranquilo, o que sempre està feliz sen tomar ningùn tipo de drogas e ninguèn sabe por què, o que nunca se inmuta por nada agàs cando lle toca a hora de comer, o que relaxa, o feliz, o traballador incansàbel e o que clarisimamente ten màis paciencia que todos nos xuntos [outra vez pegada!!!!!!!!!, e traba que me prometeu que ser responsàbel de organizaciòn non me ìa dar case chollo, en fin polo menos estou adiantando a Gael e a Roi, por certo, comeremos antes non?, porque se non eu non aguanto... terei que dicirlle a esta xente de ir cear!mmmmmmmm...... ceaaaaaaaar]
  • Traba: [luns, hoxe dan CSI, puf, pegada, non quero iiiiiiiiiiir, por què a Denìs lle gustaran tanto?, que fai èl nas pegadas que non faga eu?].
Continuarà....

[que pereza escribir, que cansino... de quen serìa a idea de ter este blog?, non podìa ser por grabaciòns de voz?, mi mà...]