terça-feira, 30 de junho de 2009

rematou

Resul-TA que me da por escribir agora.
Agora que cada un está na súa casa.
Nesa na que non vives todo o ano, ESA casa que che din teus pais que é vosa.

Non foron os Daikiris, nin sequera o Mojito... Nin me dura do viernes...
Pero é que hoxe xa vos boto muito de menos.
Será que hoxe son consciente do que son as distancias.
De que cada un ten unha vida a parte dos Comités, e do Noso.
De que se cadra non vai ser tan fácil vernos tanto como empezamos a planear fai meses.

Hoxe son consciente de que vos quero como se vos coñecera de toda a vida. E de que me doedes un ghuevo.

Grazas por todo.
Porque volver do inferno non é fácil, pero vos conseguiches que fora a millor decisión da minha vida.


*

5 comentários:

  1. :'(

    joooo nur... eu tamén vos boto moito de menos xa! :(

    a verdade é que agora que xa cada un está "na súa casa" é cando realmente te das conta de ata que punto podes botar de menos aquilo ao que te afixeches durante o ano...

    e agora tamén es máis realista, porque claro... cando estábamos todos no local dicindo a que festivais íamos ir, cando nos íamos ver... apuntamos entre sorrisos datas e datas nunha folla de papel, aínda que no fondo sabíamos que todo o que estábamos a escribir ía ser difícil que se fixera realidade... pero aínda así no fondo sempre tes unha esperanza...

    e que máis dicir... que eu tamén vos quero moitísimo, e que aínda que sei que non nos imos ver tanto como planeamos, agardo vervos moi pronto :)

    nunca pensei que podería vivir un ano mellor ca o meu ano Erasmus, pero agora podo dicilo... Sen dúbida este ano foi o mellor dos catro que estiven na Coruña, e todo grazas a vós... :')

    moitos bicos e feliz verán! ***

    ResponderEliminar
  2. Buf... por que actualizaches Nur... eu que estaba sensíbel xa coas distancias... (e iso que ainda deixei onte a Corunha... :( )

    Creo que non podo aportar nada novo... todo o que dicides é o mesmo que sinto eu...

    Erguerme pola manhá ás 7, subir ao bus e chegar á facultade... coller as chaves esperando que o conserxe non solte umha das súas... abrir o local, sentar a escuras, ver como o tempo vai pasando... novembro... febreiro...abril... xunho..

    non me podo crer que vaia ter que esperar 3 meses para volver ter un día así... e ver como ides chegando... primeiro Lara a iso de e cuarto... a e media os que tinhades clase... logo Marcos a menos 20...

    en fin...

    que vos acho de menos..

    mais cando menos todos sabemos que hai un día no que nos imos ver ao 100%: 25 de Xullo.

    Descansade, durmide, lede, que nos espera un curso que ven de moitas máis tardes rindo no local, agobios dos exames, días na biblioteca, facendo faixas, tendo Comités... e o mellor de todo, forxando ainda máis umha amizade que xa é imposíbel de rachar...


    para calquera cousa... non dubidedes en chamar, mandar umha mensaxe, tuenti, facebook, flog, foro, blog, msn...

    quérovos...

    :(

    ResponderEliminar
  3. :_)_ _ _ _
    E non me emociono máis porque eu aínda teño o chip de que dentro duns día voltarei pola Coruña coma se non pasase nada. Aínda que nunca se sabe, a vida dá moitas voltas e un rematou e pode rematar onde menos o espera.

    Bueno xente, Sodes dios!! A ver se para o ano repetimos algunha pegada ridiculista. E por suposto, eu cando menos, aí estarei a tope do 23 ao 26 no festigal. E xa non queda nada.

    Por certo, na miña casa non din que sexa miña, o meu pai ten claro que eu aquí non mando nada XD. E o do tema de se ter que erguer ás 7 da mañá... buff, a min non me axudaría a ter bos recordo da Coruña XD. Sintoo pero había que darlle algo de humor a isto. :)

    ResponderEliminar
  4. agrádecese ese toque de humor, rubén :)

    dentro de pouco festigaaaaal! eu o 23 non podo, pero do 24 ao 26 dándoo todo! :P

    ResponderEliminar
  5. En realidade o Festigal comeza o 24 as 12h do mediodía. Pero bueno cunde quedar por alí unha noite máis, malia que seguramente rematemos desfeitos. XDDDD

    ResponderEliminar