segunda-feira, 5 de julho de 2010

Nhonherías*

E por fin puden entrar.

Dous anos dise mui rápido de dios... mais pra min foron, ademais dos dous primeiros anos da minha segunda vida, os mellores das dúas.

Todo grazas a vós. E non quero que sone a palabrería barata.

Cós nosos máis e os nosos menos, somos un grupo unido e que se quere. Polo menos esa é a sensación que me da a min...

Denis, o ano que ven imos seguir vivindo na mesma cidade, aínda que sexa outra, e seguiremos a discutir por mil cousas, porque somos mui distintos, pero seguiremos ahí pra responder nos momentos fodidos.

María... sabes que vai ser un pracer compartir tódolos días contigo. Eres a persona coa que máis facilmente podería convivir, sen ter unha soa disputa... Ímolo comprobar.

Maité, agardo que atopes un curro rápido... e que sexa en Compos a poder ser! Sería xenial seguir téndoche perto.

Iraia... sabes que por pouco que nos vexamos, estamos conectadas... Temos un problema ou unha sorte que flipas, non o tenho mui claro aínda. Agardo terche por Compos algún que outro día á semana pequena!

Isa! Ti tamén estás convidada, por suposto... sabes que todos te botamos de menos cando non estás...

Ernesto
: un ano. Só un ano, e ti tamén formarás parte desa merda de aldea... Compostela ten sitio pra todos. Sabes que te precisarei!

Breo... estás desaparecido, mais sabes o que hai! Estás sempre convidado a vir comigo a onde vaia!

Mateo, aínda que non convivín contigo día a día, agardo poder facelo o ano que ven... en pouco tempo cantas cousas... e as que quedan!!

Xa sei que pode sonar todo mui seco e a verdade é que o é... Tenho uns días mui frouxos, e bótovos de menos... e se me ponho tonta con cada un de vós empezo a chorar como unha parva...
Quero darvos as grazas... preciso que saibades que vos agradezo ata a tontería máis grande. Pero seguir existindo e conhecervos é do mellor que me pasou nestes dous anos.

Dous anos! Que serían sen vós?
Dame igual. Serían diferentes.

Quérovos un montón xente.

4 comentários:

  1. ah, e a min pásame o mesmo contigo, sinto que coincidimos en moitas cousas e sobre todo, que temos unha forma moi particular de ver os conflictos, eso gústame, tamén me gusta falar contigo, aportasme calma e tranquilidade

    ResponderEliminar
  2. Non son capaz de ser profunda agora mesmo...
    podería selo bastante máis, pero non quero chorar...
    Jo.
    Quérovos.

    ResponderEliminar
  3. jooooooooooooooooooo que entrañable! :))))) moitas grazas a ti tamén, nur!

    eu tampouco estou como pra poñerme sentimental estes días porque aínda estou asumindo a miña volta a neda como mínimo por tres meses ¬¬ e agardo que ese tempo non se alongue e poder pasar o curso que vén convosco!

    moitos bicooooooos*

    quérovos!

    ResponderEliminar