sábado, 9 de maio de 2009

1º batallas do peche

Esta é a historia de 6 estudantes radicais na loita contra a o novo mestrado. Estás persoas, de cuxo nome non me quero lembrar, mais dende logo eran os máis colgados dos Comités, tiveron a brillante idea de pasar a noite dun luns dentro dunha facultade. Obviamente non todo podía ser bo, xa que do outro lado se atopaba un reitor bastante oposto ao asunto e con moitas ganas de boicotear dita actuación.

Eran iso das 4 da mañá cando recibimos o primeiro ataque, mentras todos durmíamos placidamente, un elemento imperialista-antirevolucionario provoca un terríbel e horroso pinchazo na miña colchoneta. Rapidamente busquei material de emerxencia e tratei de reparar o ansiado e preciso obxeto para poder continuar ca nosa loita, mais lamentabelmente e tras hora e media de duro traballo tiven que dar por perdida a adorada colchoneta. Agora a miña dura e brutal batalla ía continuar sobre uns cartos cheos de pintura e unha sinxela toalla de praia.

Mais isto non foi todo, rondaban as 5 da mañá, e observando o noso maligno reitor que aínda nos mantiñamos enteiros na nosa trincheira, este decidiu lanzarse ao ataque biolóxico. Para iso colleu e introduciu no noso territorio un aracnido mutante de 3m de alto e 250kg de peso, buscando a nosa retirada inmediata. Eu non puiden ver os feitos, debido a que me atopaba no refuxio nuclear, tamén coñecido como local dos Comités, intentando reparar o meu admirado e único medio de estancia. Nese momento un/unha valente guerreir@ (o certo é que non sei quen foi) colleu como única arma a zapatilla do noso compañeiro Iago e comezou a hostiazo limpo co becho, até rematar co mallor ataque endemáis feito dende un reitorado. Finalmente ca araña en corpo case inexistente, os temidos revolucionarios regresaron aos seus postos, tratando de descansar, xa que aínda queda moito camiño até Sierra Maestra, perdón CC. da Educación.

É aquí o animal en cuestión.

14 comentários:

  1. Dios rube es o puto peor xDDDDD

    Moi ben descrito todo si... mais esqueceuseche comentar algo importante!

    Cando indo de exploración en busca do temido becho sufrín un ataque dumha forza invisíbel (posibelmente fora o conhecido pokemon Haunter) que me provocaría umha dura caída e a inoperancia para toda a luita matutina ( mais ben era pola noite pero iso da igual xD )

    eeen fin...

    Puntualización: quen matou ao becho foi a nosa querida guerreira Miss Nur que tirou a pedra e escondeu a man.


    Seguimos en contacto.

    Corto e cambio..



    Den / Nur / Maité

    ResponderEliminar
  2. Coñeces ao pokemón Hunter e logo os frikis somos nós. XDDDD
    Toda a información do ataque á descrita bestia, é completamente descoñcida para min, xa que neses momentos eu me atopaba nunha batalla moito máis importante, tratando de defender as nosas escasas infraestructuras, e simplemente puiden ver o resultado co campo de batalla cheo de cadaveres.
    Espero novos datos sobre a misión. Cambio e corto.

    ResponderEliminar
  3. Em... rube, o comentario de antes o escribira eu na casa de maite e con nuria tamén xD por iso o de Haunter... que van conhecer elas se son umhas incultas!

    xDDD

    ResponderEliminar
  4. ¬¬'

    non ser unha friki de pokemon é ser inculta?

    xDDDDD

    ResponderEliminar
  5. Xa dicía eu que era un pouco raro. XDDDD

    ResponderEliminar
  6. Por certo, a ver quen é o suficientemente friki, a parte de min claro, para saber quen é a araña que sae no debuxo.

    ResponderEliminar
  7. ala denís, vaille dando!! que ti seguro que o sabes, co friki que es... xDDDDDDDDDDD

    ResponderEliminar
  8. Eu non teño nin idea... é máis... costoume adiviñar que era unha araña... (x

    ResponderEliminar
  9. cantos comentarios nesta actualización, menudo exitazo! xD

    ResponderEliminar
  10. Joer Denis, eu pensei que cando menos ti si o saberías. É Gomma e é o xefe final do arbol deku no Zelda ocarina of time 64 (modo friki off)

    ResponderEliminar
  11. eu non son de Celda xD

    e poderiades actualizar eh Nur e Maité! ou Traba!

    ResponderEliminar
  12. Zelda con "C". Acábasme de danar os ollos. XDDD

    ResponderEliminar