Despois de mil anos dicindo que ía actualizar o blogue, por fin chegou o día! (agora só quedas ti, Nur! :P) Traba, que saibas que estiven agardando a ver se rematabas coa túa historia da pegada, pero ese “continuará”... Pra cando, miña filla? xD
Quérovos pedir desculpas por adiantado por romper co ton de humor que tiña este blogue até agora, porque sinto dicirvos que isto non vai ser unha versión humorística dalgunha das moitas anécdotas surrealistas que temos vivido ultimamente... Fáiseme raro porque eu adoito ser a persoa que sempre recorre ao humor para dalgunha maneira camuflar o que sinto realmente, pero nesta ocasión farei un esforzo...
Os que estábades no último comité veríades que non fun capaz de articular máis de dúas frases antes de comezar a chorar, así que vou tentar darlles forma aos meus sentimentos aquí por escrito, aproveitando que as bágoas poden calar a miña voz mais non as miñas palabras...
A miña valoración deste curso vai ser só a nivel persoal, xa que a valoración do traballo do Comité de Filoloxía xa se fixo e quedou claro que foi un gran ano para a organización e para o noso comité en concreto... :)
Xa sabedes que eu levaba anos como asimilada nos Comités (que daquela aínda eran os CAF :), mais este ano todo foi diferente: pasei moito máis tempo convosco no local (aínda que en cursos anteriores tamén vivía alí, non ata o punto de quedar a durmir como foi o caso deste curso, pero bueno... xD), involucreime máis nas actividades, tiven a sorte de coñecer máis profundamente a algunha xente coa que antes non tiña apenas trato...
Creo que este curso foi perfecto para entrar nos Comités, porque foi un ano no que entraron tamén algunhas persoas que agora podo dicir coa boca ben grande que son grandes amigos meus :) Quería agradecer a unha destas persoas, a Denís, o feito de terme metido (intencionadamente ou non :P) na listaxe dos Comités, porque grazas a isto vivín cousas que sendo asimilada tal vez non tería vivido...
Durante a miña época de asimilada, cando me preguntaban por que non entraba nos Comités, eu sempre explicaba que se me meto nunha organización non é simplemente para encher un recadro dun documento de Word senon para dar o máximo de min... E desde que entrei nos Comités, iso é o que fixen ou polo menos tentei facer... E isto permitiume vivir moitos momentos únicos que igual sendo asimilada non os viviría da mesma maneira (véxase as pegadas surrealistas, que nos marcaron tanto que até provocaron a creación deste blogue... :)
Non sei que máis dicir, case vou ir parando porque xa é un texto bastante longo... Soamente darvos as grazas por compartir conmigo todos estes bos momentos, e que espero que non sexan os últimos :)
Quérovos moito!
*****
Miña pekenaaaa!!
ResponderEliminarEres unha sentimental... ainda que o mostres poucas veces... Viusenos o plumero a todos ultimamente... e xa sabemos que temos corazon.
Que podo dicir??
Que para min este ano, só grazas a vos, fui o millor destes ultimos... despois de pasalo tan mal, o que necesitaba era xente coma vos, que me dera cariño, comprension, e que me escuitara cando o necesitara.
Destesme todo iso e muito mais... e espero non perdelo por muito que pasen os anos.
Que vos quero muitisimo, e que se me enche a boca ó falar de vos, porque é un orgullo tervos como compañeiros e amigos.
Muuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuá*
Quérovos!
Maité!!!!
ResponderEliminarvaia, actualizaches!
E non sei moi ben que comentar a todo isto...
Enténdote cando dis que no Comité non puideches falar sobre todo porque eu tampouco puiden... si falei a nivel traballo mais eu tamén tinha en mente falar a nivel persoal... o que pasa é que se xa estaba medio emocionado falando só de traballo... falar a nivel persoal mataríame XD
e que dicir...
metiche na listaxe, si, mais se o fixen foi porque sabía que ti tinhas que estar nos Comités... sabía que só necesitan que alguén tomase a iniciativa por ti que se non ti non o farías... e mira, ao final saíu xenial :)
E a nivel persoal... creo que a todos nos marcou este curso... foi único. Eu, coma Nur, vinha de pasalo mal... non o mesmo tipo de mal, mais si que os últimos anos tiven umha vida "difícil" e máis para umha persoa coma mín... se cadra algún día falaremos dos nosos pasados, quen sabe....
e este ano foi un cambio ao 100%... sei que se me vesedes meses antes non me reconheceríades persoalmente... son umha persoa nova, e volo debo todo a vós...
Que máis se pode pedir? me aportades diversión, grandes conversas, risas, festas, sorrisos, emocións, amizade... Non podería pedir máis..
Espero que estemos os máis de nós o ano que ven na corunha, que sigamos a vivir grandes momentos e que isto non fique aquí... ainda que sei que iso nunca pasaría..
Quédanos ir de viaxe pola Galiza xuntos, ir a Lisboa, e mUUUUItas máis cousas....
quérovos companheiras e companheiros.
:)
Denis... Fixechesme chorar...
ResponderEliminarjo, non era a minha intención...
ResponderEliminarqueroteeee!
:)
a min fixéstesme chorar os dous! anda que menudas semaniñas levo... :(
ResponderEliminarmuuuuua*
Levamos unhas semaniñas, levamos...
ResponderEliminarE faltan dous membros por deixar comentario...
MIE-DI-TO
sabedes unha cousa... de luns a venres teño forza para saìr da casa grazas a vos! e esto non è unha cousa que se di para quedar ben, è a realidade da miña vida! debovos cada sorriso deste ano. querovos!
ResponderEliminarEste comentário foi removido pelo autor.
ResponderEliminarBueno, acabo de ver que está actualizado o blog e creo que me toca falar a min.
ResponderEliminarMalia que a min cústame un mundo falar nese ton (despois comprenderedes o porqué) vouno intentar.
Obviamente todo o mundo pasou algún momento malo na súa vida e quen o queira negar ou é un inxenuo ou minte. Eu hai xa anos tiven unha época moi mala, debido a causas que hoxe en día me farían rir, mais daquelas era outra historia. Todo o que nos poida pasar ten a súa parte boa e unha delas é que aprendes de cara a futuras situacións e ademáis os malos momentos fanos máis duros.
Eu naquel entón aprendín unhas cousas moi importantes pero sempre me quedarei con duas que me ensinaron unhas persoas que aprecio moitísimo. Unha delas é que sempre hai que lembrar os bos recordos e nunca nunca nunca pensar nos malos, até que estos se esquecen por si sós. Pero sen dende logo algo me axudou nesta vida foi o exemplo da mochila. Din que todos levamos unha mochila nas costas e nelas hai unhas pedras que poden ser os estudos, a familia...pero tamén poden ser cousas prescindibeis. Cando recollemos ou nos meten na mochila pedras moi pesadas ou demasiadas pedras, somos incapaces de andar, polo que só temos duas opcións, ou intentamos ir de duros e arrastralas ou collemos e quitamos as que máis nos pesan. (Igual vos parece unha chorrada, pero a min isto cambioume rotundamente a forma de ver a vida)
Eu tamén teño que dicir, que malia que levo 6 anos de vida universitaria, a cal foi por moita diferencia a mellor época da miña vida e na que todos os anos disfrutei a máis non poder, teño que dicir que este ano foi o mellor da miña vida, e non é algo que diga por dicir, se non que é completamente certo. E máis, aínda o outro día llo comentaba a un dos meus mellores amigos de Lugo. E isto indudablemente é pola vida dos Comités. E pensar que hai un ano por estas épocas chegueime a plantexar deixar os Comités... xa que estaba moi canso de ir eu só contra unha facultade.
Traba, aínda me lembro do día que me chamaches para propoñerme de responsábel de organización, que eu aceptara de mala gana e ti me dixeras que ía ser a mellor decisión da miña vida. Hoxe podo dicir que se non a mellor si das mellores.
Moitas Grazas por todo xente. Pódovos asegurar que as lembranzas deste curso si son das que sempre lembrarei e esta é dende logo unha pedra da mochila que nunca tirarei.
aaai rubencinho.. e ti que parecías un home de pedra e mira ao final...
ResponderEliminar:)
o ano que ven as pegadas non van ser o mesmo sen volos dous...
Mais prometédeme que a umha ides vir!... Traba non tes excusa, aquí na corunha tes piso e un día é un día.. e Rube, ti como non terás ou volves ás altas horas da manhá a Lugo ou quedas no meu que non hai problema...
en fin....
que este blogue non pode morrer e se seguirá actualizando dende Corunha, Lugo, Compostela ou dende onde sexa!
umha aperta!
p.d. o da pedra rube... encantoume... é tan tan tan meu o das metáforas... :)
aaaaaaai que nos saiu a todos a vena sensible! :)
ResponderEliminarEu non prometo vir a unha pegada, se non que prometo vir A TODAS!!!!
ResponderEliminarNon vou deixar que me adianten na clasificación.
Hahahahaha!! Ahi che quero ver Ruben!! (:
ResponderEliminarxa veremos xa, ogallá que si!!!!
ResponderEliminar:)
Ui, que pouca confianza, que pensades que un se pode pirar da Coruña dun día para outro??? Por moito que a odie xa é a miña 2ª cidade. XDDDD
ResponderEliminar