Bueno, bueno, eu vou dar unha visión dos feitos dende outra perspectiva.
O tema foi: Eu estaba tranquilamente cando un grupo de radicais dese grupo chamado Comités, me pedíu que lles deixase o coche. Eu non é que estiver pola labor, nin moito menos, máis por medo a non saber cal pode ser a reacción desta xente, cedín.
Minutos despois puiden observar como todo ía ser peor do que me esperaba, cando me percatei que o uso do meu vehículo ía destinado a encher o campus universitario de propaganda terrorista-separatista. Houbo momentos nos que tratei de darme a fuga, mais por medo a ser localizado por dito grupo armado, mantívenme con sangue fría na miña posición. Tamén tiven que soportar como algúns e algunhas membros comezaban a pegar os seus malignos carteis por zonas de interese cultural, como señais de tráfico, teitos de marquesiñas ou incluso no propio asfalto.
Cando semellaba que xa pasara o peor e que podía regresar a miña casa, escoitei unha voz, mentres sentía como un instrumento punzante se me clavaba na espalda, que me dicía "Ti agora veste con nós". Non puiden facer nada e non me quedou máis remedio que seguir ao outro coche, mentre un dos radicais se introducía no meu vehículo armado ata os dentes. Polo camiño fun dirixido por un carreiro que non deixaba de estreitarse, ata que observei que os terroristas se confundiran de dirección e tiveron que dar marcha atras. Aí foi cando puiden ver como se estaban a escarallar de min dende o outro coche, polo simple feito de ser español. Acto seguido vin que o destino conducía ao ex-colexio dunha das etarras galegas que ía no outro coche, o cal me desconcertou máis se for posíble. Novamente sufrín as burlas deste grupo extremista cando fun obrigado a saltar o valado para intentar entrar, eu trepei como puiden dentro das miñas limitacións, mais cando ascendín os 10m que o compoñían atopeime cun alambre de espiño que impediu que continuase. Eu supliqueilles que non me obrigasen a saltalo, pero como xa dixen a xente dos Comités non ten ningún tipo de piedade para estas cousas, polo que só cederon dicíndome que subise pola parte traseira.
Finalmente, tras estas probas de respecto, permitíronme volver a miña casa. Hoxe tiven sorte e puiden regresar sen maior dano físico, mais recoméndovos a tod@s fuxir desta perigosísima xente.
Sinto facer este escrito nesta língua separatista-terrorista, tamén usada para comunicarse cos animais do gando, mais a imposición lingüistica deste país castiga ca cadena perpetua o uso do español.
Cristovo Colom nom foi o descobridor America
Há 15 anos
Moi bo Rubencinho, moi ben explicada a "trama" xD
ResponderEliminarMais esquéceste de dicir que nos imos meter nun proceso de tráfico de drogas; que umha das terroristas facía un baile intimidatorio e que fumos atacados por pseudocans xD
p.d. a conxunción adversativa "mais" non se acentúa! (iso entre outras cousas xD)
Uaaaaaala!! O terrorista armado ata os dentes é culto e todo!! Jajajaja!!
ResponderEliminarQue boa Rubén! Encantoume...
Pero estou dacordo con Denís, que o baile intimidatorio pra que saltaras os espinhos foi impresionante e irrepetibel, e o dos pseudocans... (x
A quen lle vai tocar escribir o desta nuite??
Jojojo!