Despois de mil anos dicindo que ía actualizar o blogue, por fin chegou o día! (agora só quedas ti, Nur! :P) Traba, que saibas que estiven agardando a ver se rematabas coa túa historia da pegada, pero ese “continuará”... Pra cando, miña filla? xD
Quérovos pedir desculpas por adiantado por romper co ton de humor que tiña este blogue até agora, porque sinto dicirvos que isto non vai ser unha versión humorística dalgunha das moitas anécdotas surrealistas que temos vivido ultimamente... Fáiseme raro porque eu adoito ser a persoa que sempre recorre ao humor para dalgunha maneira camuflar o que sinto realmente, pero nesta ocasión farei un esforzo...
Os que estábades no último comité veríades que non fun capaz de articular máis de dúas frases antes de comezar a chorar, así que vou tentar darlles forma aos meus sentimentos aquí por escrito, aproveitando que as bágoas poden calar a miña voz mais non as miñas palabras...
A miña valoración deste curso vai ser só a nivel persoal, xa que a valoración do traballo do Comité de Filoloxía xa se fixo e quedou claro que foi un gran ano para a organización e para o noso comité en concreto... :)
Xa sabedes que eu levaba anos como asimilada nos Comités (que daquela aínda eran os CAF :), mais este ano todo foi diferente: pasei moito máis tempo convosco no local (aínda que en cursos anteriores tamén vivía alí, non ata o punto de quedar a durmir como foi o caso deste curso, pero bueno... xD), involucreime máis nas actividades, tiven a sorte de coñecer máis profundamente a algunha xente coa que antes non tiña apenas trato...
Creo que este curso foi perfecto para entrar nos Comités, porque foi un ano no que entraron tamén algunhas persoas que agora podo dicir coa boca ben grande que son grandes amigos meus :) Quería agradecer a unha destas persoas, a Denís, o feito de terme metido (intencionadamente ou non :P) na listaxe dos Comités, porque grazas a isto vivín cousas que sendo asimilada tal vez non tería vivido...
Durante a miña época de asimilada, cando me preguntaban por que non entraba nos Comités, eu sempre explicaba que se me meto nunha organización non é simplemente para encher un recadro dun documento de Word senon para dar o máximo de min... E desde que entrei nos Comités, iso é o que fixen ou polo menos tentei facer... E isto permitiume vivir moitos momentos únicos que igual sendo asimilada non os viviría da mesma maneira (véxase as pegadas surrealistas, que nos marcaron tanto que até provocaron a creación deste blogue... :)
Non sei que máis dicir, case vou ir parando porque xa é un texto bastante longo... Soamente darvos as grazas por compartir conmigo todos estes bos momentos, e que espero que non sexan os últimos :)
Quérovos moito!
*****