sábado, 24 de julho de 2010

FESTIGAL!

http://www.festigal.com/


O 25 todxs a Compostela!!! 

segunda-feira, 12 de julho de 2010

Espanholas/is pra que?

Eu penso que falo en nome de todos os que levamos este blogue cando digo isto...

Galegas somos!! Galegas seremos!! Por espanholas nunca pasaremos!!!
Galegos somos!! Galegos seremos!! Por espanhois nunca pasaremos!!!

segunda-feira, 5 de julho de 2010

Nhonherías*

E por fin puden entrar.

Dous anos dise mui rápido de dios... mais pra min foron, ademais dos dous primeiros anos da minha segunda vida, os mellores das dúas.

Todo grazas a vós. E non quero que sone a palabrería barata.

Cós nosos máis e os nosos menos, somos un grupo unido e que se quere. Polo menos esa é a sensación que me da a min...

Denis, o ano que ven imos seguir vivindo na mesma cidade, aínda que sexa outra, e seguiremos a discutir por mil cousas, porque somos mui distintos, pero seguiremos ahí pra responder nos momentos fodidos.

María... sabes que vai ser un pracer compartir tódolos días contigo. Eres a persona coa que máis facilmente podería convivir, sen ter unha soa disputa... Ímolo comprobar.

Maité, agardo que atopes un curro rápido... e que sexa en Compos a poder ser! Sería xenial seguir téndoche perto.

Iraia... sabes que por pouco que nos vexamos, estamos conectadas... Temos un problema ou unha sorte que flipas, non o tenho mui claro aínda. Agardo terche por Compos algún que outro día á semana pequena!

Isa! Ti tamén estás convidada, por suposto... sabes que todos te botamos de menos cando non estás...

Ernesto
: un ano. Só un ano, e ti tamén formarás parte desa merda de aldea... Compostela ten sitio pra todos. Sabes que te precisarei!

Breo... estás desaparecido, mais sabes o que hai! Estás sempre convidado a vir comigo a onde vaia!

Mateo, aínda que non convivín contigo día a día, agardo poder facelo o ano que ven... en pouco tempo cantas cousas... e as que quedan!!

Xa sei que pode sonar todo mui seco e a verdade é que o é... Tenho uns días mui frouxos, e bótovos de menos... e se me ponho tonta con cada un de vós empezo a chorar como unha parva...
Quero darvos as grazas... preciso que saibades que vos agradezo ata a tontería máis grande. Pero seguir existindo e conhecervos é do mellor que me pasou nestes dous anos.

Dous anos! Que serían sen vós?
Dame igual. Serían diferentes.

Quérovos un montón xente.

sexta-feira, 1 de janeiro de 2010

Feliz 2010!!!