Como non pode existir unha pegada sen unha aventura, aí vai.
Despois dunha tarde productiva aí onde as haxa, na cal me dediquei principalmente a ensaiar o tema ridiculista e máis meterme co langrán Denís, comeza a parte relaxada da xornada.
Tras unha boa cea antes da pegada, tal e como marca a relixión católica, celebrada no burgo, sitio mítico de reunión de Luis, Dani de aparellos e máis eu, e na cal se uniron Nuria e Fede, dispuxémonos camiño ao traballo. Para comezar xuntámonos Nuria e máis eu con Gael, Roi e Breo (os outros 2 xa achicaran) e comezamos unha superpegada polos institutos sen auga. Eu propuxen usar auga de mar, máis que nada para facer o experimento a ver se funcionaba, pero non me fixeron nin caso e collerona das duchas da praia. A continuación comezamos ese traballo que Iraia chamaría empapelar Coruña. Cando íamos polo segundo instituto, o masculino e ex-instituo de Nuria, apareceu camiñando por alí un becho ao cal a xente dixo a mítica frase de "mira, un gato" (Eu a verdade porque mo dixeron, porque ao principio pensei que era unha rata).
Do rollo non me lebro moi ben, pero o gato acabou no coche e acabei dicindo eu que o levaba para á casa. Despois de tratar de mirar se era gato ou gata, porque onte non se lle veia nada, hoxe xa podo dicir que é gato. E sen palpar, eh. Agora pódese dicir que este gato xa foi a máis pegadas que a maioría dos membros dos Comités, o cal agora que o penso é unha grande frase para sacar na próxima asemblea de campus XDDD.
Tras isto quedou o tema seguinte viaxe A Coruña-Lugo. Eu deixei o becho no asento do copiloto e aí foi durmindo todo tempo. A entrada na casa foi un pouco loca. Primeiro os meus cans que case me comen o gato, tiñao que levantar por riba da cabeza porque saltaban para o intentar coller. Depois cando entro vexo ao meu pai baixando polas escaleiras e cando ve o gato dime a frase de "Estás ben tolo". E despois directo para a súa cama, que durmiu ao lado da miña. Todo foi ben até que ás 7 da mañá lle deu por poñerse a maullar (puto pesado estivo unha hora así e cando me erguía e ía a xunto del paraba, pero cando volvía a cama...) E nada máis que tampouco levo tanto tempo con el.
Xa parezo un hippie.
Cristovo Colom nom foi o descobridor America
Há 15 anos
grande Rube!!!!! grande michíño!!!! sen deixar durmir ao Rube... con tal de que coma cando o precisa ao Arroxo xa lle chega... vante coñecendo é Rubén???
ResponderEliminarApertas para todos e todas!!!
Este comentário foi removido pelo autor.
ResponderEliminarjo, se é que nas pegadas dos comités... se non hai algunha anécdota surrealista, XA NON SON PEGADAS! :D
ResponderEliminarao final como se vai chamar o gatiño? SKA? xD
bueeeno rapaces e rapazas, vémonos mañá na cea, non?
:)
Eu chámolle Ska ou directamente gato, según me dé. XDDD Aínda non ten nome oficial.
ResponderEliminardesde logo... o que non lle pase ao rubén!!!!!
ResponderEliminarai rube rube rube xDD
ResponderEliminartes que lhe sacar umha foto ao gato e subi-la ao tuenti! xD
e és um cabrom, sim, tuda a puta tarde metendo-te comigo... mais a vengança será terrível.... XD
eeeeee naada, que sim, as pegadas sempre tenhem algo de especial... e este ano ainda as que faltaram... buuuf XD
veeenha a passa-lo bem companheiros/as!
e em 10 dias Ciclo de Cinema e em 20 magosto...
=)
Denís, xa hai fotos no Tuenti. Etiquetareiche algunha.
ResponderEliminar