sexta-feira, 20 de novembro de 2009

*Magosto de Filoloxía! :D

Semellante festaza pedía a berros unha entrada neste blogue! ^^

*MAGOSTO '09*

Pavillón da Zapateira, 27 de novembro as 21:00h

Viño e castañas de balde! Cervexa, licor café e bocatas a prezos populares!

*****************

Verémonos todos por alí, non?! NON PODE FALTAR NINGUÉN!!!!

Que ganiñas...! :D :D :D :D :D

terça-feira, 3 de novembro de 2009

A historia do gato ska.

Como non pode existir unha pegada sen unha aventura, aí vai.

Despois dunha tarde productiva aí onde as haxa, na cal me dediquei principalmente a ensaiar o tema ridiculista e máis meterme co langrán Denís, comeza a parte relaxada da xornada.

Tras unha boa cea antes da pegada, tal e como marca a relixión católica, celebrada no burgo, sitio mítico de reunión de Luis, Dani de aparellos e máis eu, e na cal se uniron Nuria e Fede, dispuxémonos camiño ao traballo. Para comezar xuntámonos Nuria e máis eu con Gael, Roi e Breo (os outros 2 xa achicaran) e comezamos unha superpegada polos institutos sen auga. Eu propuxen usar auga de mar, máis que nada para facer o experimento a ver se funcionaba, pero non me fixeron nin caso e collerona das duchas da praia. A continuación comezamos ese traballo que Iraia chamaría empapelar Coruña. Cando íamos polo segundo instituto, o masculino e ex-instituo de Nuria, apareceu camiñando por alí un becho ao cal a xente dixo a mítica frase de "mira, un gato" (Eu a verdade porque mo dixeron, porque ao principio pensei que era unha rata).
Do rollo non me lebro moi ben, pero o gato acabou no coche e acabei dicindo eu que o levaba para á casa. Despois de tratar de mirar se era gato ou gata, porque onte non se lle veia nada, hoxe xa podo dicir que é gato. E sen palpar, eh. Agora pódese dicir que este gato xa foi a máis pegadas que a maioría dos membros dos Comités, o cal agora que o penso é unha grande frase para sacar na próxima asemblea de campus XDDD.
Tras isto quedou o tema seguinte viaxe A Coruña-Lugo. Eu deixei o becho no asento do copiloto e aí foi durmindo todo tempo. A entrada na casa foi un pouco loca. Primeiro os meus cans que case me comen o gato, tiñao que levantar por riba da cabeza porque saltaban para o intentar coller. Depois cando entro vexo ao meu pai baixando polas escaleiras e cando ve o gato dime a frase de "Estás ben tolo". E despois directo para a súa cama, que durmiu ao lado da miña. Todo foi ben até que ás 7 da mañá lle deu por poñerse a maullar (puto pesado estivo unha hora así e cando me erguía e ía a xunto del paraba, pero cando volvía a cama...) E nada máis que tampouco levo tanto tempo con el.
Xa parezo un hippie.